CRTVG

Buscar

Sánchez garante a seguridade nos centros educativos

Publicado o 07/09/2020 18:49

Ante a volta ao cole, Pedro Sánchez dilles aos pais que poden estar tranquilos: "Sen que exista o risco 0, porque evidentemente imos ter casos de contaxios, os nosos fillos, os mestres, todos os profesionais que traballan nos centros educativos van ter a garantía de estar en centros seguros".

Pero non aclara se haberá baixas médicas para os proxenitores que teñan que coidar os nenos en caso de corentena. Tampouco confirma se haberá suba de impostos nos vindeiros presupostos, como quere Podemos e rexeita Ciudadanos, pero lembra que para reforzar o estado do benestar, fan falla máis cartos: "o que temos que facer é amoldar os nosos obxectivos políticos e económicos, como é a reforma fiscal que necesita o noso país se queremos un estado do benestar moito máis forte, á conxuntura económica do noso país".

Sánchez acusou o PP de botarse atrás dun acordo para renovar as institucións do Estado que, na súa versión, estaba practicamente pechado: "podo confrmar tamén que eses contactos frutificaron en acordos practicamente ao 99% e o Partido Popular, inexplicablemente, rompeu eses acordos".

Sobre Cataluña, o presidente di que chamara está semana a Quim Torra para concertar a nova xuntanza da mesa de diálogo. Tamén valorou como moi positiva a posible fusión de Caixabank e Bankia, contactos dos que non informou o seu socio de Goberno, di Sánchez, por unha cuestión de confidencialidade.

Noticias web

07/09/2020