CRTVG

Buscar

Sánchez fixa un novo obxectivo de vacinación: o 90% de inmunizados

Publicado o 02/09/2021 15:02

O presidente do Goberno recoñece que non foi doado chegar ao 70 por cento de inmunización. Díxoo desde a central de vacinas de Guadalaxara, a cidade na que hai oito meses se administrou a primeira dose. O presidente Sánchez defendeu que se trata dun éxito colectivo. E destacou que España lidera a vacinación das 20 economías máis importantes do Mundo. O presidente referiuse ao impacto que a inmunización ten na recuperación económica e asegurou que o seguinte reto é chegar ao 90 por cento. "Hoxe temos o 70% da poboación vacinada e o 100% de orgullo de país. E o 100% de confianza en que imos gañar esta batalla.  Conforme avanza a vacinación o que vemos é ver como se acelera a recuperación económica porque o primeiro que necesitamos é ter unha economía sa", dixo o presidente do Goberno. 

Noticias web

02/09/2021