CRTVG

Buscar

Sánchez evita pronunciarse sobre unha eventual remodelación do Goberno

Publicado o 08/07/2021 14:58

Pedro Sánchez atópase de xira interncional, hoxe en Lituania. Mentres comparecía co seu homólogo, as tropas españolas da OTAN detectaron a presenza dun avión ruso non identificado no espazo aéreo dos países bálticos. E ante a alerta, houbo que interromper o acto para deixar sair os dous Eurofighters do hangar. O presidente retomaba pouco despois o encontro coa prensa, eludindo os asuntos internos, entre eles, a posible remodelación do Goberno. Como Pedro Sánchez nin confirma nin desmente, os micrófonos dos xornalistas volveron apuntar aos seus ministros.

A vicepresidenta Carmen Calvo poñe o cargo á disposición do presidente e engade que "os que temos carné de militante do partido estamos aínda máis á súa disposición". Un discurso que repiten os ministros socialistas. Os de Unidas Podemos avisan de que non renunciarán a ningunha das cinco carteiras que xestionan. "Non contemplamos esa opción en ningún modo", afirmaba nunha entrevista o ministro de Consumo, Alberto Garzón. Entre os plans de Pedro Sánchez podería estar adelgazar o executivo, que agora ten 22 ministerios.
 

Noticias web

08/07/2021