CRTVG

Buscar

Sánchez: "Este Goberno nace da vontade popular"

Publicado o 07/01/2020 14:58

Ás dúas e media da tarde o Congreso poñía fin a 254 días de Goberno en funcións, unha situación que minutos antes, o aínda candidato tachaba de inadmisible e para a que anticipaba cambios legais.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno "E quero por iso manifestar o meu compromiso e o do grupo parlamentario socialista de buscar cos distintos grupos fórmulas para facilitar no futuro maiorías de goberno fronte ás maiorías de bloqueo"

Na súa terceira sesión de investidura, Sánchez defendía a súa aposta por unha coalición de progreso, diálogo e xustiza social.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno "Dunha banda perfilaríase a España que quere avanzar, que transcende as súas diferenzas, e, da outra banda, unha España que bloquea, sen alternativa, sen solución, sen horizonte"

Aos que se opuxeron á súa candidatura, Sánchez pedíalles que aceptaran o resultado electoral e abandonasen o clima tóxico que, na súa opinión, prevaleceu nestes 3 días de pleno.

Pedro Sánchez. presidente do Goberno "Non lles compensa seguir na perrencha indefinidamente, señorías, porque dana algo moi importante que se chama convivencia. Non contribuamos coas nosas palabras a que a convivencia se resinta. Iso tamén é patriotismo"

Noticias web

07/01/2020