CRTVG

Buscar

Sánchez: "Este acordo demostra que España volveu"

Publicado o 02/07/2019 22:07

Para o presidente do Goberno en funcións a repartición dos cargos europeos  é froito dun acordo equilibrado entre socialdemócratas, liberais e populares. Sobre o nomeamento de Josep Borrell como novo xefe da diplomacia da Unión, Pedro Sánchez dixo que é unha decisión extraordinaria para España e que devolve o noso país á primeira fila política.

"Para o Goberno de España e para España é un acordo extraordinario porque logramos nada máis e nada menos que o alto representante da Unión Europea, a Política Exterior, a Política de Defensa a axuda a África, a axuda humanitaria. Este é un resultado extraordinario para España que demostra que España volveu á política Europea", asegura Pedro Sánchez, presidente do Goberno en funcións.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019