CRTVG

Buscar

Sánchez e Macron renden tributo a Azaña e aos exiliados españois

Publicado o 15/03/2021 20:45

Pedro Sánchez e Emmanuel Macron renderon hoxe tributo á memoria do último presidente da II República. Os dous mandatarios depositaron unha coroa de flores na tumba de Manuel Azaña, na localidade gala de Montauban. Ademais de para lembrar os milleiros de exiliados españois acollidos no país veciño durante a Guerra Civil, a cita serviu tamén para repasar a axenda bilateral. Había catro anos que non se celebraba un cumio hispano-galo.

Noticias web

15/03/2021