CRTVG

Buscar

Sánchez e Iglesias reuníronse este luns para falar do "goberno de cooperación"

Publicado o 18/06/2019 19:19

Eldiario.es desvela que Pedro Sánchez recibiu este luns a Pablo Iglesias na Moncloa. Seguiron falando da proposta de goberno de cooperación, pero sen concretar. Segundo fontes socialistas, as posturas seguen moi afastadas. A presidenta do PSOE confirmaba que se está negociando, pero mantiña tamén a advertencia de que poderían intentar a investidura sen pacto.

Cristina Narbona, presidenta do PSOE, dixo: "Estase negociando. Espero que teñamos os apoios o antes posible, pero con apoios ou sen apoios, haberá sesión de investidura pronto".

Unidas Podemos din que non senten presión por estas mensaxes, e instan a Sánchez a ser máis activo na busca de apoios.

Rafa Mayoral, de Unidas Podemos, cre que "quen sentirá máis presión é quen estea disposto a ir a unha investidura e non teña os votos sumados. Hai unha maioría ampla para gobernar se se chega a acordos, iso signfica que hai que levantarse da poltrona, ir falar coa xente coa que tes que sumar para poder sumar".
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019