CRTVG

Buscar

Sánchez e Iglesias reuniranse o martes para intentar achegar posturas

Publicado o 04/07/2019 21:04

Pedro Sánchez e Pablo Iglesias reunirase o martes no Congreso dos Deputados no marco da nova de rolda de contactos que o líder socialista vai emprender cos grupos para buscar apoios para a investidura. Iglesias dille ao PSOE que rectifique e acepte negociar un goberno de coalición. Desde Podemos vén absurdo que Iglesias quede fóra do Consello de Ministros.

Desde o PSOE non aceptan ese goberno de coalición pero malia as diferenzas afirman que hai bases sólidas para chegar a un acordo con Podemos. O martes Pedro Sánchez tamén se reunirá co líder do PP. Vaille pedir de novo a súa abstención. Pero Pablo Casado mantén o seu non. En Ciudadanos tamén reiteran que a súa porta está pechada e que non falarán máis con Sánchez da investidura

Os votos do PNV son fundamentais na investidura, avanzan que non se opoñen a un hipotético goberno de coalición entre Sánchez e Iglesias. As súas condicións: por exemplo, que non invadan competencias vascas. Esquerra tamén lle pide ao Goberno negociar. Din que non poñerán liñas vermellas, pero tampouco darán un cheque en branco.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019