CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez e Pablo Iglesias acordan negociar un "goberno de cooperación"

Publicado o 11/06/2019 20:06

O PSOE ofrécelle a Unidas Podemos a súa participación nun goberno de cooperación. Non é a coalición que pedía Pablo Iglesias, pero para o líder da formación morada o significado é o mesmo, non así para os socialistas.

Adriana Lastra, vicesecretaria xeral do PSOE: "Porque iso permítenos explorar a posibilidade dun goberno integrador, incluínte, non é algo pechado, como podería ser un goberno de coalición. Non, un goberno de cooperación é outra cousa".

Pablo Iglesias, secretario xeral de Unidas Podemos: "Para nós o significante é o de menos, goberno de cooperación, goberno de coalición, cogoberno, goberno conxunto. O importante son os contidos".

Contidos entre os que Iglesias citou rematar coa precariedade laboral, estender a xustiza fiscal ou impulsar a transición enerxética. Iglesias mantén que o executivo debe ser plural e cunha repartición de tarefas proporcional ao peso de cada socio.

​Pablo Iglesias, secretario xeral de Unidas Podemos"Para nós, un goberno conxunto é un goberno conxunto. Non concibo que o Partido Socialista poña enriba da mesa ningún veto".

O PSOE manterá entre o mércores e o xoves contactos co resto de grupos parlamentarios, agás VOX e Bildu.

 

Noticias web

11/06/2019