CRTVG

Buscar

Sánchez e Iglesias falan por teléfono sen chegar a entendemento

Publicado o 11/07/2019 21:05

Novo contacto entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias e novo desencontro. Sánchez confirma na súa conta de Twitter que o líder de Podemos rexeitou a súa proposta para negociar primeiro o programa e despois a composición do goberno. Iglesias insiste nunha negociación integral centrada na fórmula do executivo de coalición.

 "O lóxico é que nos poñamos de acordo e que sexamos capaces de compartir o poder. En España fai falta cultura de coalición", afirma Iglesias. "Existen discrepancias de fondo que fan que un goberno das características que propón Unidas Podemos sexa un goberno que se paralice polas súas propias contradicións internas", di Pedro Sánchez.

Podemos reuniu a súa Executiva este xoves para falar da consulta que ten previsto facer aos inscritos con vistas á investidura de Pedro Sánchez. Tamén se falou dos pasos a seguir nas negociacións.Pedro Sánchez propuxo tamén unha reforma constitucional para evitar os bloqueos na formacion de goberno.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019