CRTVG

Buscar

Sánchez e Costa esixen un acordo en xullo dun fondo de reconstrución que non baixe de 750.000 millóns

Publicado o 06/07/2020 18:56

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tivo unha xuntanza en Lisboa co primeiro ministro portugués António Costa: a primeira da rolda sobre a repartición do fondo europeo.

Na comparecencia conxunta, Sánchez alertou da necesidade de aprobar estes fondos de reconstrución en xullo, un mes decisivo para España e para os países máis afectados pola pandemia. Disto depende a chegada de 140.000 millóns de euros ao noso país que se negociará a fondo no Consello Europeo que terá lugar a mediados deste mes.

Noticias web

06/07/2020