CRTVG

Buscar

España e Italia fan fronte común para defender o fondo europeo de reconstrución

Publicado o 08/07/2020 15:07

O presidente do Goberno recibe o primeiro ministro italiano. Os dous países son os que peores expectativas económicas teñen e buscan reforzar unha alianza de cara a negociar as axudas europeas.

España e Italia comparten estratexia na negociación dese fondo de recuperación, que prevé axudas de 750.000 millóns de euros, e que posiblemente se decidan daquí nuns días. Os dous mandatarios xa visitaron o seu homólogo portugués, e Sánchez reunirase coa alemá Ángela Merkel a próxima semana.

Noticias web

08/07/2020