CRTVG

Buscar

Sánchez e Casado reúnense este luns na Moncloa

Publicado o 16/02/2020 20:38

Reunión mañá luns entre Pedro Sánchez e Pablo Casado na Moncloa. A primeira deste 2020. Sobre a mesa, varios temas pechados: o conflito catalán, a economía ou a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial. Pero desde A Moncloa aseguran que esperan poder tratar co líder da oposición outras cuestións fundamentais como o Pacto de Toledo ou o financiamento autonómico. A intencion, din, é tenderlle a man ao PP nunha invitación ao diálogo para o resto da lexislatura. Pablo Casado asegura que leva agardando desde as eleccións a chamada de Sánchez para abordar estas importantes cuestións e que aínda non a recibiu. Trasladaralle a Sánchez a súa preocupación pola degradación institucional do Goberno polo conflito catalán.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/02/2020