CRTVG

Buscar

Sánchez di que non vai haber unhas terceiras eleccións, e apela ao PP a que se absteña

Publicado o 02/12/2019 20:45

Pedro Sánchez asegura que non pode haber unhas  terceiras eleccións, e chama á responsabilidade de todas as forzas políticas para desbloquear a investidura. O presidente en funcións apela o PP para que se absteña mentras segue negociando con Esquerra Republicana. Isto no mesmo día en que Inés Arrimadas lle pediu a Sánchez por carta que convoque unha xuntanza a tres, PSOE, PP e Ciudadanos, para negociar un goberno constitucinalista.

Inés Arrimadas, Ciudadanos, "hai unha alternativa no Congreso dos Deputados de 221 escanos constitucionalistas e moderados. Sánchez debe rectificar e romper as súas relacións cos populistas e cos nacionalistas e darlles a man aos constitucionalistas. Temos unha oportunidade histórica"

Desde a Moncloa confirman que Sánchez está disposto a sentarse con Arrimadas nos próximos días, pero non prevé incluír o PP na súa axenda. Así e todo, e sen nomealo, Sánchez apela ao PP a que se absteña na investidura.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno en funcións: "Teñen que aportar todos ao desbloqueo e á gobernabilidade do páis. Ninguén lle está pedindo a ningún partido a que renuncie e ser alternativa do PSOE. O único que pedimos é que asuman a súa responsabilidade, desbloqueen a situación política no país e permitan que haxa un Goberno en España pronto"

O PP mantense no non. Pablo Casado defende que o país necesita unha alternativa a un PSOE, di, entregado ao nacionalismo. "O primeiro que se debe respectar é a nosa decisión de non facer presidente o peor socialista dos últimos 40 anos, e baixo a ameaza de voar o sistema. Nin imos facer presidente a Sánchez nin ninguén vai cambiar o sistema polas bravas coa escusa de que non o facermos presidente"

Casado asegura que o PP non é o problema senon a solución, e pídelle ao seu partido firmeza no seu non a Sánchez.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019