CRTVG

Buscar

O socialista Sánchez aproba as candidatura pero non conta cos afíns a Susana Díaz

Publicado o 17/03/2019 21:06

O PSOE aprobou por unanimidade este mediodía as candidaturas para as xerais do 28 de abril. O Comité Federal tamén aprobou a candidatura para as europeas, no día no que soubemos que o galego Xosé Blanco di adeus á política

Pedro Sánchez salientou ante o Comité Fedral do PSOE que o tren do cambio "non se vai deter" e que seguirá apostando polas políticas sociais, pola "España dos valores colectivos" e polo diálogo político. Afirmou que os problemas "non se solucionan con posicións ultras" nin coa "vetocracia" e censurou especialmente o que denominou como "cordón sanitario da dereita".

Sánchez explicou que lle atribuíron "un inexistente acordo cos independentistas cataláns" e afirmou que nunca se vai apartar da vía constitucional. Ademais, declarou que se o PSOE goberna, "non haberá independencia de Cataluña".

O punto de contestación púxoo Susana Díaz, que ordenou votar en contra das listas das catro provincias andaluzas nas que non houbo acordo coa executiva de Pedro Sánchez e algo semellante sucedeu con Aragón.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/03/2019