Sánchez di que falará con todos, con Unidas Podemos como socio preferente
Publicado o 25/04/2019 15:24
Pedro Sánchez volveu falar hoxe de posibles pactos. Para o candidato socialista, Podemos sería un socio preferente, pero di que vai falar con todos, sen descartar Ciudadanos.
Pedro Sánchez, candidato do PSOE: "Pois é evidente que eu falarei con todos, sobre todo con aquelas forzas políticas como Unidas Podemos coas que tiven moito que facer estes dez meses".