CRTVG

Buscar

Sánchez di que España é un páis máis feliz grazas ao colectivo LGTBI

Publicado o 03/07/2019 15:17
Sánchez di que España é un páis máis feliz grazas ao colectivo LGTBI

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez recibiu no Palacio da Moncloa a representantes do colectivo LGTBI con motivo do comezo do Orgullo 2019.

Sánchez dixo que España é un país máis feliz grazas a ese colectivo. E que non se van consentir máis agresións. Nin un paso atrás, asegurou o presidente do Goberno en funcións. Lembrou tamén que o conxunto da sociedade xa non entende ningún tipo de discriminacións pola orientación sexual.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019