CRTVG

Buscar

Sánchez desvela a data das eleccións xerais

Publicado o 15/02/2019 09:59

O presidente do Goberno fala despois dun Consello de Ministros extraordinario. Especúlase coa data do 28 de abril

Sigue en directo a comparecencia

Ao remate do Consello de Ministros extraordinario deste venres, o presidente do Goberno realizará unha declaracións institucional ante os medios de comunicación na que anunciará a data das eleccións xerais.

É unha decisión esperada desde que o pasado mércores o Congreso rexeitou a tramitación dos Presupostos. Desde entón especúlase con varias datas. E mesmo coa posibilidade de intentar a continuidade da lexislatura propoñendo unha moción de confianza, unha opción que onte descartou por completo o ministro Ábalos.

José Luis Ábalos, ministro de Fomento: "Non lle vexo ningún sentido a unha moción de confianza. Sempre dixemos que ía haber eleccións e haberá eleccións".

Margarita Robles, ministra de Defensa: "Estou segura de que o presidente do Goberno vai tomar a mellor decisión, pensando sempre no interese xeral e non en intereses de partidos".

Os socios principais do Goberno séntense preparados.

Irene Montero, Unidos Podemos: "Nós estamos preparadas e penso que é momento de que España fale despois de que quedaran claros os límites dun goberno en solitario".

E algúns líderes territoriais do PSOE expresaron a súa preferencia por abril, para evitar un 'superdomingo'.

Emiliano García-Page, presidente de Castela-A Mancha: "Celebro tamen a data a finais de abril, Que os españois falen con claridade e, sobre todo, sen a discusión e sen a dúbida sobre o que nos une".

O presidente valenciano, Ximo Puig, apelou á súa postestade para adiantar as autonómicas se os comicios fosen en abril. Aínda que tamén expresou a súa preferencia porque cada ámbito territorial realice o seu debate sen interferencias.

Noticias web

15/02/2019