CRTVG

Buscar

Sánchez difunde a súa tese e os programas informáticos din que non hai plaxio

Publicado o 14/09/2018 21:02

A tese de Pedro Sánchez xa está colgada na rede. Antes de facelo, Moncloa someteuna a dous programas informáticos antiplaxio para acreditar que o presidente non copiou o traballo. O executivo reclama a PP e Ciudadanos que lle pidan perdón.

As 341 páxinas de "Innovaciones de la diplomacia económica española" xa están en internet. Contra mediodía, o presidente colgaba a súa tese para facer fronte ás acusacións de plaxio. Antes, Moncloa pasouna por dous dos filtros informáticos de referencia: un deles acreditou un 13% de coincidencias con outros traballos. Lonxe, segundo o goberno, do 25% a partir do cal comezan as sospeitas de copia. O executivo pídelle a PP e Ciudadanos que pidan perdón.

El Mundo e o ABC publican este venres senllas informacións desacreditando aos catedráticos que xulgaron a tese do presidente e denunciando que un deles coescribiu parte do traballo. A Universidade Camilo José Cela respondeu que o trbunal cumpría todolos requisitos legais e que a tese de Sánchez superou 5 filtros de calidade desde o incio ata o final do proceso.

As universidades dispoñen de ferramentas informáticas para detectar e combater o plaxio. Pero os expertos aseguran que eses sistemas non son coma un control de alcolemia e polo tanto non permiten determinar se hai ou non plaxio de xeito irrefutable. A Real Academia Española define plaxio como "copiar no sustancial obras alleas, dándoas como propias" pero a interpretación de sustancial pode variar en función do sistema e do baremo que aplique cada universidade."Non todo é banco ou negro, hai moitos grises". Lluis Val é o xerente territorial do programa "Turnitin" utilizado pola Moncloa para analizar a tese do persidente do goberno. Este programa compara o documento sospeitoso con material publicado na rede, como a wikipedia ou medios de comunicación, que suman 88.000 millóns de fontes.Tamén se compara con material editorial e con teses e traballos finais de distintas universidades e presenta o número porcentual de semellanzas e coincidencias. Esa porcentaxe non é determinante para asegurar se hai plaxio ou non, depende do peso que teña no documento. "Pode haber un 20 pro cento de coincidencias e o peso no documento non implica plaxio e pola contra outro cun 14 por cento pode considerarse plaxio". A pesar de que Turnitin só considera plaxio a partir do 25 por cento de coincidencias, desde o ministerio de ciencia aseguran que non hai requisito nin normativa estatal sobre a porcentaxe que determina posibles plaxios.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018