CRTVG

Buscar

Sánchez descarta un novo confinamento en España

Publicado o 20/09/2020 14:35

Nunha entrevista en televisión, o presidente do goberno admitiu a súa preocupación polos datos que está deixando esta segunda vaga da pandemia, pero mostrouse máis confiado porque, segundo dixo, vai máis lenta que a primeira e tamén é menos letal.

Pedro Sánchez, Presidente do Goberno: "Eu non considero un confinamento no país. É certo que non podemos pechar ningunha porta porque evidentemente o virus é un axente descoñecido tamén para a comunidade científica no tocante ao seu comportamento, pero creo que temos agora mesmo as ferramentas e os instrumentos perfectamente delimitados nas comundiades autónomas e o goberno de España para poder atallar e dobregar a curva, que é o obxectivo que tempos por diante, e iso só o imos poder facer con unidade".

Esa mensaxe de unidade é a que lle vai trasladar este luns á presidenta da comunidade de Madrid. A capital rexistra o maior índice de casos por coronavirus de toda Europa. Sánchez confia en que as medidas tomadas polo goberno de Díaz Ayuso sexan as correctas.

Pedro Sánchez, Presidente do Goberno: "O goberno espera que surtan efecto, e en todo caso a mensaxe que me gustaría trasladar a todos os madrileños e madrileñas é que o goberno de España vai ir o luns á porta do Sol axudar, axudar, apoiar, nós non imos xulgar, non imos avaliar".

O presidente do goberno segue pensando que podemos ter unha vacina nos próximos meses, pero, mentres, fixo este chamamento.

Pedro Sánchez, Presidente do Goberno: "Animo a cidadanía a que no mes de outubro, nas dúas primeiras semanas de outubro, nos vacinemos todos da gripe, porque nos vai axudar a protexernos".

Noticias web

20/09/2020