Sánchez defende que a ex-ministra de Xustiza sexa a próxima fiscala xeral do Estado
Malia a polémica que levantou a proposta, o presidente do Goberno non ve motivos para a inquietude. Cre que a independencia da Fiscalía é incuestionable, e mantén o nomeamento de Dolores Delgado como fiscala xeral do Estado, porque di que ten un currículo que a acredita para o posto. Asegura ademais que conta coa confianza de todo o Goberno.
Pedro Sánchez, presidente do Goberno, "está absolutamente acreditada, ten un currículo impecable, unha traxectoria na Fiscalía incuestionable. Eu só lle dixen que actúe con absoluta independencia, e que garanta o estrito cumprimento da legalidade democrática"
Pedro Sánchez pediulle á oposición que se abra a desbloquear a renovación dos órganos constitucionais, entre eles do Consello Xeral do Poder Xudicial, e tendeulle a man especialmente ao Partido Popular.
Pablo Montesinos, vicesecretario de Comunicación do PP, "a palabra de Pedro Sánchez non vale absolutamente nada, xa demostrou no pasado que non quere pactar nada co PP. E hoxe é menos crible aínda ese ofrecemento, cando sitúa a ex-ministra de Xustiza á fronte da Fiscalía Xeral"
O PP e Ciudadanos pediron este martes a comparecencia de Sánchez no Congreso para explicar o nomeamento da ex-ministra de Xustiza como fiscala xeral, porque consideran que pon en cuestión a separación de poderes.