Sánchez defende en Ourense a proposta "reformista" dos socialistas
Publicado o 16/04/2019 15:21
O candidato socialista á presidencia do Goberno fai hoxe a súa primeira aparición nesta campaña en Galicia. Este mediodía en Ourense e pola noite participará nun mitin en Vigo.
Pedro Sánchez chegou a Ourense acompañado do secretario xeral dos socialistas galegos e arroupado por militantes e simpatizantes.
Pedro Sánchez recordou o seu labor á fronte do Goberno en dez meses e falou de propostas. Dixo que a dos socialistas é unha política útil, dialogante e reformista. Pediu a mobilización do electorado.