Sánchez defende a súa xestión e di que Galicia non ten máis alternativa ca Caballero
Publicado o 04/07/2020 15:30
Pedro Sánchez acudiu hoxe ata a cidade da Coruña para acompañar a Gonzalo Caballero por segunda vez nesta campaña electoral.
Dixo que non hai máis alternativa que o partido socialista para saír desta crise. O secretario xeral do PSOE asegurou que as cousas se están facendo ben dende o Goberno central e que Galicia tamén precisa un Goberno socialista que lle dea continuidade -dixo- á súa política.