CRTVG

Buscar

Sánchez dá por rotas as negociacións con Podemos e culpa a Iglesias

Publicado o 15/07/2019 18:19

Sánchez acusa a Iglesias de romper a negociación de xeito unilateral convocando unha consulta ás bases que, ao seu entender, está trucada e só busca xustificar o seu voto negativo na investidura.

"Estamos falando claramente dun peche absoluto de portas a calquera tipo de negociación. Unha rutura unilateral por parte do señor Iglesias desa negociación e unha mascarada ben grande para xustificar o seu non", asegurou nunha entrevista.

E repróchalle que na consulta nin sequera inclúe a última oferta que el mesmo lle fixo a Iglesias, que entraran no Consello de Ministros persoas de Podemos cualificadas.

Asegura que "é a primeira vez que se fai na historia da democracia unha oferta así a un partido que representa a cuarta forza política no noso país, que retrocedeu en escanos e en millóns de votos, e dime que non. Non só me di que non, senón que descualificou a proposta tachándoa de idiotez".

Agora xa non haberá máis propostas e di que as que había decaen. Fontes de Unidas Podemos din estar soprendidos pola reacción de Sánchez. Pronunciouse no Twitter Alberto Garzón acusándoo de iniciar unha campaña mediática para culpar do bloqueo o resto de partidos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/07/2019