Sánchez contradise falando de Alcoa e pedindo que non se utilice na refrega electoral
Publicado o 04/07/2020 21:02
Pedro Sánchez non se referiu aos traballadores de Alu Ibérica pero si falou dos de Alcoa da Mariña. O presidente do Goberno pediu que non se utilice a Alcoa na refrega electoral, pero fala da factoría para asegurar que o seu Goberno está traballando para atopar unha solución.