Sánchez contactará cos líderes dos partidos para sumar apoios ás medidas do Goberno
Publicado o 02/04/2020 20:57

Pedro Sánchez contactará nos próximos días cos líderes dos partidos políticos para informalos das últimas medidas adoptadas na loita contra o coronavirus. O presidente do Goberno quere facer fronte ás críticas das forzas da oposición. Pero tamén rebaixar a tensión e recabar apoios para as medidas extraordinarias que deben ser convalidadas a semana que vén no pleno do Congreso.