CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez confesa que "non durmiría pola noite" se tivese ministros de Podemos

Publicado o 20/09/2019 09:06
O presidente do Goberno en funcións e candidato do PSOE á presidencia do Goberno concedeu onte a primeira entrevista en La Sexta, tras o anuncio da repetición electoral. Pedro Sánchez di que o lamenta, pero engade que é a única alternativa a un goberno bicéfalo con Podemos que, afirmou, non o deixaría durmir polas noites: "Eu hoxe podería ser presidente do goberno se aceptase as imposicións do señor Iglesias que eran ben claras: ministerio de Facenda, de Seguridade Social e de Política Enerxética. Creo que non só eu senon o 95% dos cidadáns nun durmirían tranquilos".

Sánchez asegurou onte na súa primeira entrevista tras o fracaso das negociacións con Podemos que unhas eleccións son a única alternativa para evitar un goberno bicéfalo e cre que volver as urnas pode ser unha oportunidade ara lograr un goberno estable.  
"Se algo se demostrou é que o planteamento dunha coalición é inviable", dixo o presidente do Goberno en funcións.

Sobre a posibilidade dun goberno con Ciudadanos, Sánchez dixo que lle parece surrealista e de Ciencia ficción: "Mesmo agora que escoito ao señor Iglesias dicir que o que quere Sánchez é pactar con Rivera, por fíxese, se quixese pactar so señor Rivera ¿para que imos ir a unhas eleccións se sumamos 180 escanos?".

E respondeu así á afirmación de que Vox xa non vai servir esta vez como mobilizador do electorado de esquerdas: "Antes era unha ameza, agora é unha realidade. Os cidadáns o 10 de novembro teñen moita información, porque agora saben que esa mal chamada España Suma, se suma, botará o PSOE das institucións".

Anunciou que mantén o compromiso de crear un comité para fiscalizar o grao de cumprimento das 370 medidas que leva no programa electoral.