Sánchez condiciona o diálogo con Torra a que condene a violencia con firmeza
Pedro Sánchez, que presidiu unha reunión do comité de seguimento da situación en Cataluña, insiste en que non se pode ser ambiguo ante a actuación dos violentos.
"O presidente do Goberno foi moi contundente ao respecto, o que espera é unha condena efectiva, directa do presidente Torra e do goberno catalán respecto á violencia que está acontecendo en Cataluña estes días. E respecto ao diálogo, o presidente tamén foi moi contundente, Torra o que ten é unha débeda co conxunto dos cataláns, ten que falar en Cataluña cos cataláns de convivencia que é realmente a cuestión", Fernando Grande-Marlaska. Ministro do Interior en funcións.
Marlaska reiterou o agradecemento aos corpos policiais e asegurou que non recibira queixa deles por falta de medios.
"Non se deu porque en todo momento foron os suficientes, os necesarios para poder restablecer a seguridade pública", Fernando Grande-Marlaska. Ministro do Interior en funcións.