CRTVG

Buscar

Sánchez comparecerá perante os medios tras presidir o Consello de Ministros

Publicado o 25/08/2020 10:16

O Consello de Ministros volve á actividade, tras vinte días inactivo. Reunión do gabinete sen asuntos de importancia, salvo sorpresas. O que se espera é que o ministro de Sanidade, Salvador Illa, expoña un informe sobre a situación da pandemia en España.

Outro dos asuntos de debate, aínda que sen propostas concretas, é a ampliación ou non dos ERTE, que rematan o 30 de setembro. O Goberno ten prevista unha reunión con patronal e sindicatos o próximo 4 de setembro nas Baleares.

O inicio do curso escolar tamén é tema de análise, así como os presupostos xerais do Estado. O Goberno ten previsto presentalos en setembro, se consegue os apoios necesarios.


 

Noticias web

25/08/2020