CRTVG

Buscar

Sánchez chamará hoxe a Iglesias para retomar as negociacións de investidura

Publicado o 11/07/2019 16:07

Sánchez vai chamar hoxe a Iglesias para intentar retomar as negociacións de investidura, que están encalladas. E hai distancia tamén nas formas. O líder de Podemos reprochoulle que anunciara a chamada televisión .

Sánchez admite que enfocaron mal as negociacións con Podemos dende o principio e pide deixar para o final a principal discrepancia, a composición do goberno  Pero Iglesias insiste en que o PSOE debe renunciar ao goberno en solitario.

O presidente do Goberno en funcións insistiu tamén en pedir a abstención de PP e Ciudadanos. Di estar disposto a negociala. E se finalmente supera a investidura, proporá unha reforma constitucional para evitar os bloqueos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019