CRTVG

Buscar

Sánchez chama todas as forzas posibles a derrubar o muro do bloqueo

Publicado o 28/10/2019 12:55

O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, chamou este luns a derrubar "o muro" do "bloqueo" que "nos impide avanzar e defendernos das ameazas" e, para acabar con ese muro, apelou a reunir "todas as forzas que sexa posible".

Nun acto en Madrid para presentar a campaña e arroupado por cinco ministros e a maior parte da Executiva Federal, Sánchez, nun breve discurso de apenas once minutos, esixiu un Goberno "forte" para superar a crise de convivencia en Cataluña pero tamén "progresista, unido e estable, non en funcións".