CRTVG

Buscar

Sánchez asegura que co diálogo con Cataluña tratará de solucionar un problema que "crearon outros"

Publicado o 26/02/2020 14:52

Pablo Casado acusa a Pedro Sánchez de hipotecar o futuro de España someténdose a aqueles que non queren formar parte dela. O presidente sostén que o Goberno intenta arranxar un conflito que crearon outros.

Pero a propia bancada independentista deixoulle claro ao presidente que na mesa á que esta tarde sentará por primeira vez, non llo van poñer doado. Mentres Sánchez apela ao diálogo, do outro lado insisten na autodeterminación e na fin da represión que supostamente sofre Cataluña.

Sánchez lembroulle tamén á voceira independentista que non representa a maioría dos cataláns.

Noticias web

26/02/2020