CRTVG

Buscar

Sánchez aposta por unha transición ecolóxica da economía española

Publicado o 19/04/2019 15:24

O líder dos socialistas galegos insistíu nas últimas horas na importancia que teñen as eleccións xerais do 28 de abril e por iso di que as queren gañar dun xeito claro e amplo. Gonzalo Caballero asegurou que as enquisas están a favor dos socialistas e que hai que seguir traballando. Para o líder socialista o psoe é a única opción política que fará progresar a España.

O candidato socialista Pedro Sánchez participa a estas horas nun mítin en San Sebastián. Son imaxes de hai uns minutos, da súa entrada nese acto electoral. Antes, pola mañá, visitou Logroño e a localidade navarra de Viana.



 

Noticias web

19/04/2019