CRTVG

Buscar

Sánchez apoia a Ábalos e Casado esixe unha comisión de investigación

Publicado o 25/01/2020 20:54

Pedro Sánchez amosou este sábado o seu apoio a José Luis Ábalos porque asegura "evitou unha crise diplomática" no encontro coa número dous do goberno de Maduro
 "O que fixo foi poñer todo da súa parte para evitar unha crise diplomática e logrouno. Este é un Goberno que quere eleccións canto antes en Venezuela, que o voto de venezolanos e venezolanas nunha democracia plena poidan decidir o seu futuro, niso está o Goberno de España e no que estaremos sempre"

O ministro e secretario de Organización do PSOE acusou á dereita de buscar polémicas como síntoma de debilidade e por falta de proxecto político, e tras as esixencias de dimisión avisa que a el non o "bota ninguén".  "Molesta pero non me impacta. Outros tal vez están na política de paso, eu vin para quedar e ninguén me vai botar"

O líder do PP cualifica de "mentiras" as "seis versións", dixo, de Ábalos. Pablo Casado pide que se abra unha comisión de investigación. Esixe a Sánchez explicar no Congreso e en sede parlamentaria europea o que pasou en Barajas, e pide o "cesamento inmediato" do ministro de Transportes.

"Hoxe Pedro Sánchez fíxose responsable desas mentiras apoiando o señor Ábalos e esiximos que Sánchez veña a explicar ao Congreso o que pasou en Barajas e por que o Goberno de España se pon do lado da coalición de Maduro, de Pablo Iglesias e Zapatero en lugar de poñerse do lado dos demócratas".

Na mesma liña pronunciábanse Vox e Ciudadanos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/01/2020