CRTVG

Buscar

Sánchez apela á mobilización a prol do cambio fronte aos "tres da praza de Colón"

Publicado o 23/02/2019 14:59

Pedro Sánchez clausuraba en Madrid, a primeira hora da tarde, a Convención do Partido Socialista Europeo poñendo o énfase na necesidade de que se mobilice "non só a España de esquerdas, senón tamén a España cabal e sensata" que apoia o cambio nas políticas sociais.

Sánchez acusou a Casado de fomentar a crispación e diriuxiulle unha serie de críticas a Ciudadanos en función das novas aparecidas hoxe, que explican o motivo polo que o partido de Rivera renuncia a posibles pactos co PSOE.

Finalmente, o líder dos socialistas anunciou que no Consello de Ministros do venres vindeiro aprobarán medidas lexislativas para fomentar a igualdade laboral entre homes e mulleres.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/02/2019