CRTVG

Buscar

Sánchez anunciará o venres se adianta ou non as eleccións

Publicado o 13/02/2019 21:04

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciará se adianta ou non as eleccións xerais tras a reunión de Consello de Ministros deste venres, segundo fontes de Moncloa. Desde o Executivo non especificaron se será o propio Sánchez ou un dos seus ministros quen faga este anuncio, pero si deixaron claro que a decisión que tome o xefe de Goberno se vai comunicar ao remate da reunión do Consello de Ministros.

Pedro Sánchez evitou esta mañá no Congreso dos Deputados pronunciarse sobre este asunto tras ser tombados os orzamentos no Congreso, a pesar das numerosas preguntas formuladas polos xornalistas.

O xefe do Executivo preferiu gardar silencio e volver a Moncloa "a traballar", tal e como anunciaran desde o seu servizo de prensa, a pesar de que esta mesma mañá, un dos seus ministros, o de Fomento, José Luis Ábalos, aseguraba que "en breve" habería noticias, aínda que non aclaraba cando.

De feito, onte mesmo gañaba enteiros no seo do Goberno a posibilidade de que o xefe do Executivo adiantase as eleccións ao 28 de abril, menos dun mes antes das eleccións municipais e autonómicas do próximo 26 de maio.

As eleccións anticipadas, para todos os analistas, están máis cerca. Pese ao silencio do presidente, moitos agardan o anuncio inmedidato de convocatoria despois de que os independentistas tombaran no Congreso os presuposto

Dende que chegou esta mañá ao Congreso, Pedro Sánchez só escoitou esta pregunta dos xornalistas: vai convocar eleccións? Pero el mantivo o silencio por resposta. A prensa buscou entón a opinión do seu gabinete.

"O presidente medita todo", dixo a voceira do Goberno. 

Tras perder a votación no Congreso, o presidente marchou sen querer contestar a pregunta máis repetida: a de para cando a convocatoria de eleccións? Á falta de certezas, nas quinielas destacan tres datas: o 14 de abril, co inconveniente de que cadra co Domingo de Ramos; o 28 de abril, a que soa con máis forza; e o 26 de maio, un 'superdomingo' electoral en que xa están convocados os comicios autonómicos, municipais e europeos. É a data preferida por PP e Ciudadanos, pero non por baróns socialistas como o presidente manchego, Emiliano García-Page.

O resto de partidos dá por feito que se adiantarán as eleccións. Nas quinielas destacan tres datas: o 14 de abril, co inconveniente de que cadra co Domingo de Ramos; o 28 de abril, a que soa con máis forza; e o 26 de maio, un 'superdomingo' electoral en que xa están convocados os comicios autonómicos, municipais e europeos. É a data preferida por PP e Ciudadanos pero non por baróns socialistas como o presidente machengo, Emiliano García Page.

Pero o certo é que quen terá a última palabra é o presidente. 


 

Noticias web

13/02/2019