CRTVG

Buscar

Sánchez anuncia unha redución das peaxes da AP-9

Publicado o 25/07/2021 21:48

Os actos institucionais marcaron este Día de Galicia, en que ademais houbo espazo para a política, tamén nas Medallas de Galicia. Foi un intercambio de mensaxes entre o presidente da Xunta e o do Goberno. Núñez Feijóo reclamaba lealdade institucional e Sánchez poñía como exemplos a chegada do AVE e a rebaixa das peaxes da AP-9 desde a vindeira semana. 

"Un ano en que agardamos ver por fin o tren de alta velocidade entrando en Galicia e no que queremos poñer os cimentos das ambicións, proxectos de reactivación da nosa economía, co impulso dos fondos europeos Next Generation. Presidente, agardamos que a túa presenza hoxe aquí supoña un apoio a todos estes grandes retos que temos por diante, nos que precisamos da cooperación e a axuda de todos para que sexan un éxito", indicou Feijóo.

"O Goberno de España neste sentido está comprometido con Galicia, como o demostran dous fitos moi importantes que van mellorar a mobilidade dos galegos e galegas e que impulsarán esa vertebración do territorio: por un lado a chegada inminente da alta velocidade e por outro a rebaixa histórica das peaxes da autoestrada do Atlántico, que aprobaremos no próximo Consello de ministras e ministros, cumprindo en tempo e forma cos nosos compromisos coa sociedade galega", afirmou Pedro Sánchez.

Noticias web

25/07/2021