CRTVG

Buscar

Sánchez anuncia que se reunirá con Torra en Barcelona en febreiro

Publicado o 21/01/2020 09:25

Imaxes cedidas por TVE

Cataluña centrou unha parte da entrevista na televisión pública ao presidente do Goberno, que anunciou que se reunirá co president Torra a primeira semana de febreiro e que será en Barcelona. Un cambio de posición sobre a cuestión catalá que Sánchez xustificou na calma actual pero tamén no pactado con Esquerra.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno. "Acordamos a necesidade de activar unha comisión bilateral para resolver este crise política, este conflicto político. Ten que traballar en paralelo á mesa de partidos no Parlament. A solución á crise política en Cataluña pasa polo diálogo no Parlament e entre ambos Gobernos".

A oposición ve cesións. Ciudadanos critica a posible revisión do delito de sedición no Código Penal, que onte anunciou o presidente.

E o PP lamenta que Sánchez se reúna cun presidente inhabilitado.

O presidente do Goberno dixo que será a lexislatura do diálogo e anunciou unha ronda de reunións con todos os presidentes autonónimos. Tamén puxo data á aprobación dos presupostos xerais do Estado.

"Queremos que antes de que finalice o verán teñamos aprobados os presupostos xerais do Estado. Necesitámolos. Nestes cinco anos tiveron que prorrogarse catro veces. Dous anos tivemos goberno en funcións", asegurou o presidente do Goberno.

Sánchez pediulle á oposición que non bloquee o funcionamento do estado democrático, dixo, para poder chegar a acordos, por exemplo, a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial. O presidente volveu defender o nomeamento da ex-ministra Delgado como fiscala xeral do Estado.

"O currículo de Dolores Delgado é impecable e goza da confianza do Goberno. Pedinlle que actúe con independencia e que aplique o cumprimento da legalidade".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2020