Sánchez recorrerá o expediente por usar o palacio da Moncloa con fins electorais
Un día despois de que a Xunta Electoral lle abrira expediente a Pedro Sánchez por esta entrevista na Moncloa, o presidente en funcións volve conceder outra na mesma localización. Deféndese e di que recorrerá contra esta decisión.
A denuncia púxoa do Partido Popular, que considera o feito gravísimo.
O organismo tamén lle abriu expediente á portavoz do Goberno, Isabel Celaá, por electoralismo na conferencia de prensa do Consello de Ministros da semana pasada. Hoxe xa compareceu no seu lugar a vicepresidenta en funcións.
Ademais, a Xunta Electoral ten que estudar a denuncia presentada por Íñigo Errejón contra esta campaña, por desmobilizar os votantes de esquerdas. Más País e Podemos cren que o PP está detrás, pero Casado négao.
Ás doce desta noite arranca unha campaña que será a máis breve das celebradas ata o de agora.