CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez anuncia medidas para acelerar o envío de recursos á Palma

Publicado o 23/10/2021 14:59

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, visitaba hoxe a illa da Palma por quinta vez desde que comezou a erupción do volcán. Aos palmeiros pediulles que non caian no desánimo, porque non fallarán a axuda e o apoio dos españois e do executivo.

"Quero dicirlles que non caian na desesperanza, que non abandonen a esperanza, que a solidariedade do conxunto do pobo español está aquí... Está aquí na illa da Palma, que o Goberno de España está aquí, na illa da Palma, e que imos estar aquí todos e cada un dos días que dure esta crise", asegurou.

Ademais, anunciou que o martes haberá novas medidas do Goberno para que se acelere a chegada dunha parte dos recursos económicos á illa. Segundo anunciou, será no vindeiro consello de ministros.

"Imos facer unha modificación orzamentaria no fondo de continxencias para que se acelere aínda máis a chegada dos recursos económicos, procedentes tanto do plan de emprego de 63 millóns de euros, que estaban inscritos no plan de reconstrución da Palma, como as axudas do Ministerio de Agricultura e Pesca, que son 6,8 millóns de euros", explicou.

Noticias web

23/10/2021