CRTVG

Buscar

Pendentes de Pedro Sánchez e da data das eleccións

Publicado o 14/02/2019 11:28

Despois de dous días de silencio, queda aínda un terceiro. Porque Sánchez non anunciará a data das eleccións ata, como di a Constitución, escoitar a deliberación do Consello de Ministros, que está convocado para o venres. A votación do Congreso dos deputados que tombou a proposta socialista das contas públicas e que precipita a lexislatura foi recibida con aplausos moi tímidos no hemiciclo.

Lamentaron o resultado da votación os socios do goberno.

Irene Montero, Podemos: "Creo que esta votación reflectiu os límites do PSOE e de Pedro Sánchez para gobernar en solitario e, polo tanto, asumo que imos a unha convocatortia electoral".

E culparon a Sánchez os independentistas cataláns.

Joan Tardá, ERC: "É moi lamentable que a esquerda española arríe bandeiras, se pregue á dereita e se perda esta oportunidade".

Jordi Cluxá, PdeCat: "Empezou este debate dos presupostos con algunhas decisións tomadas".

Casado expresou que prefire un 'superdomingo' que as eleccións en abril, aínda que fontes do PP consideran o outono.

Pablo Casado, PP: "Pedro Sánchez hoxe é censurado nunha moción de facto das Cortes españolas".

En Ciudadanos xa se sitúan nos pactos postelectorais, dos que descartan a Sánchez.

Albert Rivera, Ciudadanos: "Eu estou convencido de que Sánchez quere asegurar a maioría con Torra, con Rufián con Pablo Igleisias, e eu creo que esa maioría é mala para España.

No Goberno acusan a dereita de facer pinza cos independentistas e de estar paralizando o país. Din que ata a data das eleccións, seguirán aprobando por decreto algunha das medidas máis urxentes.

María Jesús Montero, ministra de Facenda: "Hai que culminar a tramitación, hai leis importantes do acordo que foron sometidas a paralización por parte de PP e C's, esa dereita de tres cabezas. Creo que a xente deste país tomará nota e, por tanto, recibirán a resposta nas urnas".

Noticias web

14/02/2019