CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Sánchez anuncia a aprobación o venres do decreto que derroga os recortes en educación

Publicado o 11/09/2018 21:10
O presidente do Goberno aproveitou a sesión para anunciar a aprobación do anteproxecto de lei que vai permitir derrogar os recortes en educación. Segundo confirmou, irá ao Consello de Ministros do vindeiro venres. No pleno deste martes, Galicia tamén estivo presente a través de dúas preguntas sobre ENCE e a costeira do Bonito. Sobre a celulosa, a ministra de Transición Enerxética dixo que se van revisar os criterios para conceder as prórrogas das consesións no litoral. No canto á costeira, o ministro do ramo asegurou que o Goberno fixo un esforzo de vixilancia e control este ano que cualificou coma un dos mellores dos últimos tempos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/09/2018