CRTVG

Buscar

Sánchez analiza cos presidentes autonómicos as medidas que entran en vigor este luns

Publicado o 12/04/2020 09:27

Ás 10:00 horas principia a conferencia de presidentes na que Pedro Sánchez dará conta diante dos 17 presidentes das comunidades autónomas as medidas que entrarán en vigor este luns. Sobre todo a reincorporación aos seus postos dos traballadores considerados non esenciais e que non poden realizar as súas tarefas laborais desde a súa casa.

O Goberno é consciente do movemento de xente que se vai a producir e para evitar os contaxios ten previsto repartir 10 millóns de máscaras nas estacións transporte público, tal e como anunciou onte o Ministro de Interior Fernando Grande-Marlaska.

Na xuntanza incorporouse máis tarde a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, que acudiu ao aeroporto para recibir un avión con material para os hospitais da capital.

Noticias web

12/04/2020