CRTVG

Buscar

Sánchez agradécelles ás tropas no exterior o seu labor calado e leal

Publicado o 24/12/2020 13:09

Na súa mensaxe de Nadal ás tropas destinadas no exterior, o presidente do Goberno agradeceu o traballo leal das forzas armadas en favor da democracia.

"Representan as mellores virtudes dunhas forzas armadas que realizan unha labor leal, calada, ao servizo da nosa democracia", dixo o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que tamén recoñeceu o papel fundamental dos militares na loita contra o coronavirus.

Apoiado pola ministra de Defensa e o xefe do Estado Maior da Defensa, recomendoulles que se coiden e se protexan aos máis de 8.000 militares en misións internacionais, destinados en países como Somalia ou Afgagistán, nunha mensaxe que nesta ocasión tivo que ser gravada debido á corentena do xefe do executivo.

Noticias web

24/12/2020