CRTVG

Buscar

Sánchez agradécelles aos militares da UME o seu traballo no temporal

Publicado o 12/01/2021 15:02

Esta mañá, o presidente do Goberno visitou o cuartel da UME en Madrid, acompañado da ministra de Defensa.

Pedro Sánchez agradeceu o traballo dos 1.600 membros da Unidade Militar de Emerxencias e do exército de terra despregados na loita contra os efectos da borrasca Filomena.

"Estades dándoo todo e por iso a sociedade española agradécevolo todo", díxolles na base de Torrexón de Ardoz.

Tamén engadíu que "se algo aprendemos coa pandemia e agora tamén coa tormenta Filomena é precisamente a importancia de ter uns servizos públicos de primeiro nivel".

 

Noticias web

12/01/2021