CRTVG

Buscar

Sánchez acusa a Casado de "insubmisión inconstitucional"

Publicado o 08/09/2021 16:44

Elévase a tensión entre o Partido Popular e o PSOE á conta da renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial. Pedro Sánchez acusou hoxe o PP de insubmisión e bloqueo. Os populares responderon que o insubmiso é o presidente do Goberno porque evita o control parlamentario.

"Esixo novamente ao principal partido da oposición que cumpra coa súa responsabilidade constitucional. Porque a insubmisión constitucional en que está instalado o PP representa todo menos un mínimo grao de sentido de Estado", dixo Sánchez. 

 

Noticias web

08/09/2021