CRTVG

Buscar

Sánchez acode a consultas co Rei sen comezar as negociacións da investidura

Publicado o 06/06/2019 08:44

Última sesión da rolda de contactos entre o Rei e os líderes dos partidos políticos que obtiveron representación parlamentaria. Non asistirá Esquerra e por Junts per Catalunya irá Laura Borrás. E despois do mediodía será a quenda dos grandes partidos, nunha rolda que pecha Pedro Sánchez ás seis da tarde. O candidato socialista sairá probablemente co encargo por parte de Filipe VI de tentar conformar un goberno.

O candidato socialista e presidente en funcións será o último en acudir á Zarzuela, pechando así unha rolda de consultas que rematara previsiblemente coa proposta do rei Filipe VI para que sexa él, Sánchez o encargado de tentar formar goberno. Onte comezou o desfile de partidos pola residencia real, e algúns amosaron sorpresa porque os socialistas, como partido máis votado, non iniciase sequera un achegamento con outros grupos.

"Por nós non foi, polo tanto a pelota está no tellado do PSOE, que ademais foi quen gañou as eleccións. E por certo, eu creo que as negociacións se poden comezar con anterioridade ás consultas co cidadánd Filipe de Borbón, e que poderian comezar antes das autonómicas e municipais", explicou Alberto Garzón, de Izquierda Unida. 

Ana Oramas, de Coaliación Canaria, dixo que "dá a impresión, desde fóra e desde dentro, que o candidato, o posible candidato socialista, non ten moito interese en iniciar nin sequera unha conversa cordial".

Oramas adiantou que non apoiará a investidura se hai un pacto con Podemos, o pacto que reclamou a deputada galega Iolanda Díaz. Pero o quebracabezas das negoaciacións aparace condicionado polos contactos cruzados entre partidos en concellos e autonomías.

O representante de UPN volveu ofrecer o apoio a investidura de Sánchez a cambio de que os socialistas apoien a coalición de dereitas Navarra Suma, en contra da proposta da candidata socialista María Chivite, que explora un pacto con Podemos e Geroa Bai -unha coalicion da que forma parte o PNV-, e que precisaría do apoio de Bildu.

Á espera de que se recoloquen todas as pezas, Iglesias informará o Rei da súa intención de formar parte do goberno, de xeito modesto, e espérase que Rivera aclare tamén a súa posición. Para Casado, o líder popular, será a primeira rolda de consultas co monarca.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/06/2019