CRTVG

Buscar

San Xoán volverá ser festivo en Galicia no 2022

Publicado o 22/10/2021 14:53
San Xoán volverá ser festivo en Galicia no 2022

O calendario laboral do ano que vén en Galicia xa é oficial, tras a súa publicación no Boletín Oficial do Estado.

Os 12 festivos estatais e autonómicos inclúen as datas tradicionais de Nadal e Semana Santa, que será a mediados de abril. O Día das Letras Galegas e o San Xoán son os festivos elixidos pola comunidade autónoma.

O Día do Apóstolo cae en luns no ano santo extraordinario. A falta de engadir os dous festivos locais que nas próximas semanas fixará cada concello, os últimos festivos de 2022 serán os da ponte da Constitución, porque o Nadal cadra en domingo.

Noticias web

22/10/2021