CRTVG

Buscar

San Martiño sen magostos, a covid-19 suspende a tradición máis arraigada de Ourense

Publicado o 11/11/2020 14:49

A imaxe do Montealegre un San Martiño calquera é moi distinta a que se pode ver 11 de novembro marcado pola pandemia. Os que saíron ao monte fixérono para pasear. Efectivos da Policía Local intensificaron a vixilancia na zona para evitar a xuntanzas de non conviventes prohibidas por mor da covid.

Suspendidos tamén os magostos que habitualmente celebran as distintas asociacións de veciños. En Castro de Beiro levaban case 4 décadas xuntándose. Hoxe Gumersindo muxica castañas só para el acostumado a asar centos de quilos.

Pablo recolle leña para celebrar o magosto nunha leira privada. Iso si, só coa súa muller e os seus fillos. Unha tradición que este ano tamén chegou ao hospital coa repartición de castañas nas distintas unidades.

Un agasallo para aqueles que loitan en primeira fila contra a virus. Unha pandemia que nos deixou un San Martiño distinto.

Noticias web

11/11/2020