Rescatan sa e salva unha muller que caeu a un sumidoiro tras ser atropelada
Publicado o 11/08/2020 11:31
A realidade sempre supera a ficción. Parece unha película, pero é un accidente real. Unha motorista atropelada esvara ata o único sumidoiro que hai en toda a rúa, coa mala sorte de que está sen tapa. Cae polo sumidoiro. Non dá creto o condutor do que está a pasar cando mira polo sumidoiro para atopar a muller.
Para máis surrealismo, pero tamén para fortuna da muller, o grupo de viandantes que se achega levanta a lousa da beirarrúa para facer espazo e poder sacala de dentro. Parece mentira, pero saíu sa e salva.